martes, 17 de noviembre de 2009

Presentación e benvida

Benvidos a tod@s! Gústame a moda e encántame que cada persoa se vista con personalidade e saíndose un pouco dos cánones que nos impoñen as revistas, a televisión e as pasarelas. Por iso fai cousa de dous anos apostei por Varada, unha tenda de moda e complementos na que intento día a día poñervos a todas guapas e cómodas dende a mañán a noite, que os días dan para moito... non si?.

A veces penso que fun un pouco atrevida de máis! Vivo nunha cidade relativamente pequena (GRANDE en bonita e acolledora), A Coruña (250.000 hab. +/-), aquí temos a cuna da moda "lo último a precios asequibles", por pouco diñeiro podes cambiar de "modelito" tódolos fins de semana... algo básico combinado con algo máis persoal... E aquí entro eu!(no ...algo máis persoal) xunto con outras moitas tendas de moda da cidade que ofrecemos diferencia a precios moderados, sempre contando que a diferencia custa!..

Persoalmente é difícil competir neste mundo cada vez máis "valetodo" pero aquí estamos e estaremos ao pé do cañón... dándoo todo e buscando sempre a orixinalidade.

Cada momentiño que poida ireivos informando das últimas novedades que me entren en Varada e como non fareivos a presentación da tenda. Espero que vos guste!

No hay comentarios:

Publicar un comentario